Si, o martes salín cara o mediodia cuns 12 nudos de NW co que repetín a loita contra este vento pra entrar na Ría de Arousa da singladura a Vilanova, so que esta vez fun solo e o destino elexido foi a Pobra do Caraminhal. Decidín abarloarme a un catamarán alí fondeado con morto, sabendo que durante a noite íase levantar o terral de NE, co cal o día seguinte a ver quén ía ser o guapo que ía levantar o ancora; con todo, a noite foi movidita cun molesto cabeceo dos dous barcos abarloados. Pola manhán salín fungado con NE en torno a 20 nudos, so ca maior púxenme no Pombeiro (punta Sur de saida da Ría) en hora e media, con puntas de velocidade de 8 nudos. Toda esa alegría caeu de súpeto pasando Onza, indo muito mais a modo ata chegar a Barra sobre as 5,30 da tarde. As 7 levei ancora e puxen proa ó Norte, vento flouxo de Sur que me fixo ponher o motor unha hora ata chegar ás Osas da Ría de Aldán, dalí ata Beluso a vela con brisa de Sur. Levei a balsa pra mercar algo pra cenar na Pobra, pero en Barra nom baixei. En definitiva,unha esperiencia repetida pero irrepetíbel, con todo funcionando como debe.
Intentarei sair en 10 días máis ou menos; sobre o destino no Norte e a duración está por decidir, pero tenho ganhas de facerme ó mar de verdade XA!! Isto sábeme a aperitivo.
Tenho un par de fotos saindo de Arousa pero esquecín a cámara, a seguinte vez as ponho que isto sen fotos, así leido é un pouco conhazo. Apertas!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário