Esta manhán, aproveitando o tempo sen sol e sen chuvia cunha temperatura en torno ós 15 graos, dinlle unha primeira man de epoxe de dous componhentes á orza. O luns dareille a segunda e pode que unha terceira "a escapar"...Foi todo bem e estou a aproveitar o material que xa tinha, co cal "ghasto" pouco... Todo moi bem, no sentido de nom atopar "sorpresas", tipo ampollas no poliester ou averías ocultas ou latentes baixo a aghua que acaban sendo verdadeiros quebradeiros de "testas" pra arranxalas. Queda claro que o traballo concienzudo na obra viva con epoxi no 06 foi moi aceptable despois duns anos, e que dure...
Xa seguirei contando...
Nenhum comentário:
Postar um comentário