2010-03-25

Pulido da obra morta. Timón e orza, listos. Sustitución das 5 válvulas de fondo e un pasacascos






Por eiquí de novo pra vos contar brevemente as andanzas polo varadoiro: Cambiei tódalas válvulas de fondo, a saber: dúas do vater, unha do lavabo, outra do motor e a última, a do fregadero tinha en mal estado o pasacascos e vimos de sustituilo; na foto (xusto enriba) podedes ver o buraco que é e o importante que quede ven selado, xa está posto.
Timón e orza están preparadas pra dar patente e o resto da obra viva, nim tocala ata o momento da patente. A obra morta, en cambio, foi pulida con moi bos resultados.
Pois iso, a agardar o momento pra dar o anti-incrustante (cando o tempo o permita) e ó aghua con el, que a conta do varadoiro medra e os barcos son pra estar no mar, so pena de quedar varado como Chanquete... Saúdos!!

Nenhum comentário: