2010-01-20

Dias de pantalán...

É repetitivo dicer que este inverno está a ser o máis duro que lembro dende que vivo no barco de xeito máis o menos continuado... Isto esixe un tipo de vida máis "caseira". Tento ter unha boa calidade de vida abordo cun desumidificador que, estando en porto é a solución definitiva, nin resistencias cutres, nin quentadores de aire, isto é o que vale. Hai que ter en conta que levamos cunha humidade en torno o 95% máis de dous meses. Dicía o grande meteorólogo Santiago Pemán que está a ser un inverno como corresponde, chovendo cando ten que chover e frío no momento que o ten que facer, nom coma estes últimos anos con invernos moi suaves en xeral con fríos, chuvias e bo tempo fóra da súa correspondencia estacional. Ísto, apuntaba Pemán, pode significar que a primaveira estará no "seu sitio" e o verán ighual. E ahí entramos nós porque os plans pra volta-lo Mar Cantábrico seguen en pe e ter bo tempo cara Maio-Xunho sería importante... De tódolos xeitos, son predicións que nom serven de muito cando surcamos as axitadas aguas deste mes de Xaneiro. Ademais temo-la varada deste ano pendente ainda. O "Fende" vai pedindo xa unha limpeza da carena, mais aproveito esta época de crecimento lento da flora e fauna parásita (ainda que esta por ver quén é mais parásito no mar se eles que levan millóns de anos vivindo nos océanos do planeta ou o barco pra "pasear" seres humanos) alongando esa subida e facela perto das datas de saida cara o Norte e ,en definitiva, te-la obra viva limpa no veran
Nom saquei fotos do curso de velería. Xa porei algunha foto do foque que fixen. Probámolo hai 15 días cuns 25 nudos de vento e pinta moi bem, sen flameos nin defectos importantes, salvo quiza que os acabados nom son os de Gándara, pero cumple por menos euros...
Seguiremos informando... Apertas

Nenhum comentário: