Imonos achegando ó inverno. O mes de Novembro e a primeira semán de Nadal están sendo duros, primeiro con chuva e temporais e agora con frio seica siberiano...
Segue adiante o curso de velería. Xa tenho o foque listo e probado con Monse con pouco vento, agora agardamos haxa condicións pra probala con alomenos 25 nudos pra saber se serve pra o que a fixemos. Ademais tenho un foque pesado novo (que semella un tormentín grhande por vir dunha goleta)adaptado cunha relinga nova pra encanar no noso perfil, pero semella, polo corte da vela, que nom terá muito uso, salvo rotura das outras. Foi un agasallo do bo de Henrique, o do Vionta II...
Abordo, estou utilizando o salón do barco pra durmir, pois tenho a lavar as fundas das colchonetas. Ademais disto, tenho avería na bomba de presión de agua doce a espera de que poda vir o eléctrico abordo a ver qué pasa. Se hai que substituir a bomba haberá que pensar en soltar algo de pasta nalgo co que nom contaba...
Segue en pe a ideia de voltar a zarpar cara ó Norte cara o final da primaveira que ainda albiscamos moi lonxana cando ainda nom entrou o inverno... E a ilusión que axuda a levar con deportividade estes rigores climáticos que nun barco son máis perceptibeis, ainda estando nun pantalán. Ah!, comprei un deshumidificador que recomendo como fundamental nesta época pra vivir abordo, enchufado a terra, claro.
Apertas...
Nenhum comentário:
Postar um comentário