Actualizo o blog pra que saibades que por aquí seguimos e o que andamos a facer. Que nom é moito pero interesante:
Estou asistindo a un segundo curso de velería en Marin. Temos unha máquina de coser e pedido a Barcelona o presuposto pra que nos manden cortado por laser o dacron pra construir un foque ó 80-90% pensada pra ventos de moderados a fortes...
Polo demais, os frentes atlánticos están a barre-lo Pais, cunha situación de baixas presións que semella vaise prolongar no tempo (algo acorde con esta época do ano).
O "Fende" fica en Beluso e vai pedindo unha limpeza da obra viva: o timón e a orza empezan a estar sucios, menos mal que no outono e inverno as algas medran menos. Fai 13 meses dende a última varada pero este ano quero prolongala a fin de aproximala á singladura que, semella, vai ser outra vez polo Cantábrico...
Saudos e xa irei contando
Um comentário:
Estes días nom parou de chover. Pero agora empeza a mellorar e tentarei facer algunha saida. Saudos..
Postar um comentário