Ola, canto tempo!! Van caendo os días deste Novembro de temporais e maruxias, mais tamén de magostos e cogumelos... De navegar, nom moito... Só os regatistas locais fan esas probas de unhas poucas millas pra xustificar subencións pra o deporte en xeral que soen acabar en clubes de élite privados...
O certo é que Suso mais eu saimos un día do mes pasado, a noitinha, a motor, co mar en calma e con neboeiro cara a Sálvora, illa que nom visitabamos dende hai anos. Nom fomos demasiado ben recibidos polos vixiantes do parque que nos quixeron votar do cómodo atraque do peirao . Noso paseo foi restrinxido ate o faro, sen poder visita-la vila.
A día de hoxe, como quedou dito, estou xa rematando un curso de velería na Escola Ixola de Marín e temos alugada unha máquina fora ca que estou construindo un foque do que xa falei e que tanto votamos de menos nas nosas correrías polo Mar Cantábrico... Dito quedou que a esperiencia indica que os xénovas enrollados non sirven pra cenhir con ventos fortes en boas condicións. Imponse ter un foque con que reducir superficie vélica de xeito efectivo. Podía ter sacado fotos do proceso de construcción da vela pero nom se me ocurreu e aghora está case rematada, ainda que quedalle por ponher a relinga, as cincha e o ollado; ainda podemos sacarlle unhas fotos pra que vexades cómo vai.
Mais nada, perdoade a tardanza, nom é desinterés, e nugalla...
Nenhum comentário:
Postar um comentário