2009-08-12

singladuras de verán




Estamos navegando muito este verán, tanto que nom temos tempo pra o blog. Imos bastante a Ons e dentro dunhas horas saímos pra Cíes, queremos veu as Bagoas de San Lourenzo, por iso sairemos xa tarde. Iremos abordo: Monse, Pablo, Loxi, Arturo e eu... Invítovos a que vexades as páxinas anteriores porque agora nom tenho ganhas de ponherme cas fotos da singladura a Santander e con algunhas reflexións sobre estas singladuras de media distancia. Tamén veremos algún exemplo de contaminación "canho libre" que temos detectado. Pero agora temos que zarpar... Apertas!!

3 comentários:

Xvgozoo disse...

Hi!
son Xero, compañeiro de traballo da túa irmá María e profundo admirador da túa persoa e forma de vida. Segue así... es un fenómeno!

paralelinho42 disse...
Este comentário foi removido por um administrador do blog.
Anônimo disse...

Ola amigos, pois... nom sei que dizer. De momento grazas polos vosos comentarios, Xero, Alberto. Dende logo os amigos da minha irmá son meus amigos... Sobre todo co papelón de esforzo e entrega a súa familia que está a facer... Só dicervos que nom é tan meritorio, nim muito menos, o que eu fago, o dela si. Só collo unha opción na que misturo un xeito de vida (nada orixinal, por certo)cunha afición que tal e como a plantea o mundo do "yaching" é burguesa e elitista; tento fuxir deste "cliché".
Minhas relacións co Estado Español e súas policias podo calificala de mala a moi mala. A educación recibida de valores e ideoloxía perversa; a represíón laboral sobre grandes colectivos e a falla de democracia (os fascistas nom só ganharon o golpe do 36, tamén a mal chamada "transición") tapando a boca a miles de votantes, como acontece en Euskal Herria; ou fomentando o "carretaxe" no noso Pais acadando maiorias cos seus afines, abusando da inorancia política de grandes capas da nosa sociedade pra que o Capital sega co saqueo e a depredación que lle é propria.
Tenho pendente actualiza-lo blog con máis fotos da singladura e algúns comentarios da esperiencia vivida, pero con éste tempo que está a facer, quén se pon?...
Estades invitados, cando sexa posibel, a dar unha volta pola ría. Aperta!!