2009-07-20

Cedeira-Corunha. Corunha- Camarinhas. Camarinhas-Beluso.




Pois si, xa estamos de volta. Polo dagora vou contar cómo foi todo ata chegar onte pola tarde a Beluso. Decidín sair o sábado despois de xantar, por consello de Henrique que zarpou pola manhán. Vento NW, forza 4, que fixo que a saída de Cedeira fora pra quedar encollido, con pedras a un lado e outro e o mar arbolando na saida desa pequena ría, nim que decir ten que saín a motor media hora ata librar os perigos desa costa. Despois velas arriba e a gozar porque, ainda con salseiro abordo, collín unha boa velocidade entorno ós 6 nudos entre a cenhida e o descuartelar; pasei Prior sen atrancos (foto darriba). Cheguei a Corunha sobre as 22 horas e pasei a noite en Marina Corunha tralo dique de abrigo por 20 euros: Unha merda, así de claro: mar de fondo toda a noite (nom sei a quén pretenden vender esas prazas, cómo será no inverno); comentarei noutro momento a opinión que me merecen este tipo de instalacións. Saín de manhán con pouco vento e cun mar incomodísimo fronte a Torre de Hércules (outra foto). Cando levaba unhas 7 millas a motor levantouse un vento forza 4 de W que me obrigou a navegar co xénoba recollido ate o 80%, ca conseguinte merma na capacidade de cenhida. Pero aguantouse bem e pasei Sisargas sen maiores atrancos seguindo a bo ritmo ata Vilán e Camarinhas, a onde cheguei sobre as 00 horas. Na vila estaban de festa e metinme nun pantalán. Saín pola manhán cedo, sen dizer esta boca é minha, e a altura de Tourinhana levantouse vento N que rolou a NW ó chegar a Fisterra, pasando ó mediodía de brisa a vento forza 3 e 4 máis tarde; xa nom toquei máis o piloto ata chegar ó W de Sálvora onde fun metendo máis a babor ata chegar, case en linha recta, ata a bahía de Bueu. Foi gozoso porque puden facer de comer cómodamente unhas patacas cocidas con dúas rinchas que pescara a altura de Fisterra, e todo a unha boa velocidade (6-8 nudos). Cheguei a Beluso sobre as 21 hs. Escribo ísto dende a casa de meus pais e pola tarde farei limpeza e tratarei de sacar, negro sobre blanco, conclusións e tratar de ponher en orden o aprendido en éstas case 800 millas. Apertas!!

Nenhum comentário: