Ola de novo!! Hai días que o barco fica con todo o necesario pra a navegación de moitas horas, mesmo a motor. Levamos uns 95 lts. de combustible, compartidos por depósito e 3 garrafas de 10 lts. e dous de 5. Xa sei que ocupan máis espazo que se fosen máis grandes, pero a esperiencia dicta que co movemento do mar, o ter que rencher en marcha, as pequenas resultan máis manexabeis. Xa están estibadas no fondo do tambucho da banheira, e o depósito cheo. Tenho calculado un consumo de 3 lts/hora ("chupa"máis ca outros motores de inxección directa, como Yammar, con un casi 1 litro máis por hora. Estes Solé son inxeccion indirecta). A aghua do barco (que nom beberemos, pero que si serve pra face-la comida) a cargaremos no momento de zarpar, xunto co papeo pra uns días.
O que nom nos está a gustar muito é a predición que aparece nos diferentes meteos. Mal o luns, con vento de N-NE e rachas en torno ós 25 nudos na zona que vai dende Sálvora, Corrubedo, Louro, Fisterra, Camarinhas; algo mellor o martes e o mércores e empeorando, en canto a vento e mar enfrentado, o xoves e o venres. A día de hoxe ata ahí alcanzan os diferentes modelos predictivos, todos bastante coincidentes... Só o optimismo de Paulino faime ver o vaso algo cheo, siquera; segundo el: "Qué presa temos?", si, realmente nom temos porque sair un día en concreto e nom semella ser unha boa ideia empezar unha viaxe de preto de 500 millas tan costa arriba, podendo esperar. Pero.. tenho por certo que si o anticiclón se estabiliza nesta situación, podemos ter este reximen de ventos, tan adversos pra nosos intereses, bastantes días.. Francamente, fastidiaríame ter que posponher máis unha singladura esperada por todos.. Agora ben, nom imos queimarnos absurdamente as primeiras 40 millas, é claro..
Pois máis nada de momento, seguiremos pendentes da metereoloxía especialmente que é o elemento discordante dun plan que segue vento en popa (xusto o que nom teremos). Apertas..
2 comentários:
Ánimo, Fende! Agardamos máis novas da túa singladura. Presta moito ver un pouco de mar neste océano de cemento armado que é Madrid. Un saúdo e unha aperta moi forte!
Ola Luis, estamos nelo pero a predición nom e boa e cando esta esquina do mundo, que é Fisterra, di que nom, nom hai maneira. Saudade!!
Postar um comentário