A predición era mala esta finde, pero nom de todo. Xa o mércores víamos ventos mareiros moi interesantes anunciados pra o venres e sábado, e nom trabucaron o adiantado... Ovos da casa, patacas, cebolas, leituga, tomates, birras xunto con sacos e roupa e alá imos ó encontro deses ventos con arrecendo de mar adentro... Asomamo-lo "bigote" por Udra e un W-NW chega ata nós cuns 10 nudos de intensidade en real. Rumbo de través axinha collemos os 6 -7 nudos e cruzamo-la ria nun plis, é por iso que damos uns cantos bordos nas proximidades de Cabicastro, de novo cara o Sul pra voltar a Portonovo onde entramos sobre as 21 h. Un pouco de festa pola vila (cada vez máis degradada, como Sanxenxo e outros moitos pontos da nosa costa por un urbanismo insostible, depredador e ata salvaxe) e a dormila ata a manhán do sábado no que despois de almorzar cedo, saimos cara a Bueu, tomándonos a cousa con calma e disfrutando dunha manhán co ceo cuberto e pouco vento o principio. Chegamos a Beluso pra xantar porque outras obrigacións nos reclaman en terra, que nom todo e jijí jajá (ou si??)...De tódolos xeitos, a predición pro resto do sábado e pra hoxe, domingo, era realmente mala e estase a cumprir; manhán hai alerta naranxa con aviso, ainda que máis o Norte, pero halle de cheghar ben aquí con chuva e vento...
O barco queda fondeado porque hai tempo que nom lle dou uso ó morto i este verano farame falla.
E... ben, de manhán en 7 días, nosa saida cara ó Norte. Esperemos que os ventos favoráveis acompanhen porque o demais está listo. Apertas!!
O barco queda fondeado porque hai tempo que nom lle dou uso ó morto i este verano farame falla.
E... ben, de manhán en 7 días, nosa saida cara ó Norte. Esperemos que os ventos favoráveis acompanhen porque o demais está listo. Apertas!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário