2013-01-07

Novos Horizontes....

Ola! Ca chegada do novo ano escomenza case sen sentir a procura dun obxectivo pra esta temporada. Semella que a tripulación ca que vou contar non pode estar máis dacordo en que o obxectivo non pode ser outro que..... GIBRALTAR????!!!!!!!!

Si, temos completado o Norte da península ata Francia, como saben aqueles que dende hai anos seguen nosas andanzas. Sabido é que a costa portuguesa non pasa por ser precisamente o paraiso do crucerista. Tenho a experiencia de ter traido o "Mascato" dende Cádiz (X-332) no ano 2006 e non foi o que se di unha viaxe de placer....

Irei informando porque ainda queda pasar a inspección este ano e preparar ben a posta a punto na varada que será no mes de Abril xa que a idea e facer esa singladura en Maio-Xunho.

Adiante....

Nenhum comentário: