2012-06-17

Rabeando por sair este ano...

En primeiro lugar, sinto non ter actualizado o blog antes, pero houbo causas que me fixeron deixar de lado este diaro de abordo que retomo agora. O feito de non terme asomado aquí non quere decir que non navegásemos estes meses. A boa relación co grupo de navegantes "Virazón" de Vigo-Baiona fixo posíbel que acudísemos ata a 3 singladuras organizadas por eles: 2 na Ría de Arousa a Vilagarcia e Pobra do Caraminhal nos meses de Marzo e Abril e outra a Caminha o mes pasado, esta última de especial dificultade tanto ó chegar como o sair do Rio Minho, sendo guiados por navegantes locais e utilizando os "tracks" do GPS ó sair de madrugada; hai que decir que tiven que remolcar a motor ó "Tahitiana"(tenho fotos que xa porei), quedou sen motor ó oeste de Cíes mentres voltábamos, a falla de vento e o mar de fondo o botaban contra Illa e remolcámolos ata a bocana da Enseada de Aldán onde xa puidemos navegar a vela.

E a qué andamos agora?? Pois, se non hai problemas mecánicos, so a meteoroloxía, especialmente adversa neste mes de Xunho, está impedindo que zarpemos cara a Corunha. Este ano non creo que vaia máis alá, hai cuestións personais que non invitan a facer unha singaladura medio longa como a do ano pasado... Redes será o obxectivo e suponho que o relato será sobre a navegación por unha costa que non por ser conhecida a fai menos comprometida cando un pensa en "atacala", seu nome o di todo: Costa da Morte: entre Fisterra e as Illas Sisargas. Por iso ando pendente do mellor momento pra subir que suponho non será antes de 10 días. Tratarei de ir contando preparativos pero case esta todo listo, agás armalo barco pra zarpar, seguireino contando... Força!!

Nenhum comentário: