2011-07-03

As millas de volta van caindo. Recalada en Luanco...

Ola!! Todo sen novedade. Vanse completando as etapas desta singladura. A saída dende Hendaya-Hondarribia foi as 7 da manhán, vento de NE flouxo a moderado co que ganhei millas rápidamente. Quédame magoa de non ter parado en Donosti ou Pasaia, pero era a oportunidade e chegar a Santander e así foi sobre as 11 da noite. A destacar o que levanta o mar nas inmediacións de Cabo Ajo, o Leste, na entrada de Santander, conforme se ven. Fixen noite e pasei ese día fondeado. A manhán seguinte partín con bo vento de N-NE e recalei en Lastres (xa en Asturias, ponherei fotos), un porto de entrada difícil pero que me dou unha noite tranquila abarloado a un pesqueiro. Esta manhán saín de alí as 9,30con vento moderado NW que dificultou a marcha, pensaba parar en Xixón (onde os 44 e por dous días); en Lastres déronme noticia dun porto novo en Luanco, preto de Cabo Peñas e... aquí estou, leva aberto 15 días, todo novo e...DE VALDE!!, ainda non o conhecen os franchutes nin os ingleses, se non xa non habería sitio (conhecen toda a costa ata o último recuncho pra recalar, en Lastres tinhan todo copado e máis se saben que de momento nom se cobra). O plan é sair manhán cedo e tentar facer as 90 millas que hai dende aquí ata Viveiro, a previsión da N frouxo, pero o martes rola ó NW, tería que estar por alí, podendo ser. Estou nun bar e esquecín a cámara. Quedan pendentes as fotos de Lastres e de Luanco, poreinas. Agora a cear pra madrugar manhán e facerme a mar, alguén conhece un plan mellor??.......

Nenhum comentário: