2011-05-18

Probaturas..



Moi boas!! Tempo treboento no interior do País pero na costa estamos a ter unhas interesantes brisas de Norte pola manhán que rolan a NW-W pola tarde con pouca ola co que se acadan uns bordos rápidos ó longo e ancho da Ría co barco limpinho como está na obra viva... Estivemos nos arredores de Tambo con ganhas de fondear pero rematamos voltando..

Como tódolos anos hai varios compromisos que retardan unha saida cara ó Norte que, se por mi fora, xa tería acontecido...

Ademais voltamos co molesto goteo da bomba impusora do agua salgada, un goteo mínimo pero que tende a corroer os silenblós nos que apoia o motor, por este tema, agravado, quedei bloqueado un mes en Viveiro o ano pasado e este tomo medidas antes de sair. Seguimos en contacto...

Nenhum comentário: