Si, parei en Malpica ó sair de Redes e tenho unhas fotos bastante elocuentes sobre a construcción de portos nesa zona. Pasei entre Sisargas e terra, quedando a vista o pequeno embarcadeiro-fondeadeiro destas illas e despois 25 nudos de vento NE co que "volei" rumbo SW pola costa da morte, doblando Fisterra e chegando a Muros sobre as 5 da tarde, saira de Malpica as 11 da manhan. Completarei todo isto con imaxes, se podo a noite xa. Hoxe tenho un vento perfecto pra ir caendo ata Beluso: NE de 15 nudos na Ría de Arousa pra sair a vela, pode haber algún plan mellor??
Nenhum comentário:
Postar um comentário