2010-05-27

A semán que ven o meteo pinta mal

Windguru e meteoglicia son coincidentes. A ventana boa estaría entre manhán venres e o sábado, alomenos pra chegar ata Corunha. O problema está en que quedan un par de cuestíóns que tenho que resolver: O cambio de aceite do motor e a substitución do rolete de goma da bomba do agua salgada, está última deixoume tirado diante de Vilagarcía e tiven que entrar a vela, un "show", de isto hai 3 anos; vou trocalo por un novo por seguridade, o que levo posto xa ten unhas 200 horas e cando se fode nom avisa. Ademais o foraborda do auxiliar está no mecánico dende hai unha semán e chéirome un bo clavo na factura pra que sega funcionando. Tamén me darán a semán que ven o número de chamada selectiva pra instalalo na radio nova, quedando activado o botón de chamada de emerxencia, conhecido como "distress".
Volvendo o tema da predición, decir que a partires dese periodo que anuncian desfavorable (e que espero nom dure mais de 5 ou 6 días) zarparei na primeira ocasión favorábel que haxa, falaríamos dunha data en torno ó 10-11 de Xunho, ogallá antes. Saúdos!!

Nenhum comentário: