O sábado pasado (hoxe e xoves) votamos o Fende ó mar, sen contratempos e con tódolos buracos na obra viva perfectamente sellados, sen umidades na sentina. Xa saimos a dar uns bordos de proba Loxi mais eu e o barco, recen limpo, da o mellor de si mesmo en canto a prestacións veleiras, e notámolo.
Nom muito máis polo momento. Gustaríame instalar unha radio VHF de chamada selectiva antes de sair... Nun mes, ou mes e medio, gustaríame estar saindo xa cara ó Norte pero ainda quedan pequenos e importantes detalles que pulir(nunca mellor dito) como o mantemento da teca exterior, despois dun duro inverno. E outra cousa importante e a reordenación interior, pra ter sitio dabondo pra estiva de viaxe. Seguimos en contacto...
Nenhum comentário:
Postar um comentário