Si, salín sobre as 10 da manhán de Carinho con vento SW cuns 9 nudos de intensidade. En canto pasei os Aguillóns de Ortegal axinha collín os 5,5- 6 nudos de velocidade ó máximo de cenhida. O vento aumentou a uns 11 nudos á altura de Punta Candelaria e rolou máis ó W; tiven que recoller xenoba ata deixala en un 90%, pero o seguinte bordo favoreceume entrando na Ría de Cedeira sobre as 14 hs (fotos arriba). Atopei o bo de Henrique co seu mentado Vionta II que vin entrar un pouco antes ca min; díxome que saira sobre as 8 da manhán. Certo é reconhocer que animoume a sair o feito de nom velo fondeado cando espertei.
Agora a predición sinala que manhán vai aumentar bastante o SW (contrario a ruta que quero seguir); todo apunta ó sábado e domingo pra seguir baixando ca chegada de N e NE. Veremos se cambia a predición porque o luns voltamos ás mesmas. Verán raro éste, din por aquí...
O barco fica abarloado a un veleiro de ferro medio abandonado que estaba xa eiquí o ano pasado; evito mentras poda vota-lo áncora... Agora venho de darme unha caminata ata unha gasolineira na procura de gasolina pra o foraborda da balsa e mentras escribo ísto aproveito pra carregar o telemóvel. Esta noite tenho que chamar a Xurxo, pero sigo sem ter claro se decirlle que venha ou agardar a estar máis abaixo; dende Pontevedra ten que ir a Ferrol e logo buscar un bus pra chegar ata eiquí, todo sería máis doado na Corunha, por exemplo, con tren directo dende Pontevedra.
Pois o dito, que todo vai ben e que nom hai atrancos que poda salientar, e que siga...
Nenhum comentário:
Postar um comentário