Ola, nom podemos "transmitir" fotos dende o barco. Terémos que ilo facendo nas paradas. Estamos en Viveiro. Chegamos onte a Ría do Barqueiro, facendo noite en O Vicedo. Imos quedar hoxe eiquí pra facer acopio de provisións e combustible e, tamén, pra ver se meteo acompanha pra seguir cara o Leste. Pero vaiamos con orden:
Saimos o Luns sobre as 16 horas Suso, Loxi mais eu. Todo o contrario da outra vez. Vento so ate as inmediacións da illa de Sálvora; logo motorada ata Muros a onde chegamos sobre as 2 da manhán. Nom fondeamos, como o vento e o mar estaban en calma, abarloámonos a un veleiro que debía levar tempo alí e pasamos unha noite tranquila. O día seguinte, saimos cara Corcubion para que Suso, que entraba a traballar pola tarde do mercores, poidera colle-lo bus. Unha entrada na Ría de Corcubion entre fusco e lusco a que corresponde a foto de arriba. Abarloámonos no fondo da ría a unha motora, usando o mesmo sistema de Muros. Pola manhán compramos pan fresco, froita e queixo nunha cantidade mais bem curta, como tubemos ocasión de comprobar. A magoa foi a marcha de Suso ca que o Fendetestas perdeu un bo tripulante, de momento... Despois de zarpar quedamonos Loxi mais eu cun montón de millas por diante. Pasamos Fisterra sobre as 11 da manhán, vento S, flouxo, empezamos indo de aleta, pra seguir a meirande parte do tempo de popa redonda, a ourella de burro, a uns 5 nudos. Pasamos sen atrancos Tourinhana, Vilano e Sisargas, momento en que quedou o vento, serían sobre as 18 horas. Ponhemos motor en marcha e proa a cabo Prior, por riba de Ferrol. Sobre as 5, a altura de Prior, volve o vento que nos "lanza" de aleta cara o Nordés, velocidade: 3 nudos; so imos co xénova porque de noite nom queremos mais velocidade. So avanzaríamos nestas condicións unhas 10 millas porque o vento quedouse de novo. Xa de día, volve o vento a altura de Cedeira, que agora sí, nos impulsa con decisión, chegando ós 7 nudos e medio a toda vela... Pasando Ortegal, de novo sen vento, motor ata Bares (ponto máis septentrional da península). Como quedou dito chegamos a O Vicedo casi sen provisións, con 30 horas navegadas seguidas, un bo tute; eran as 14,30 horas. Esta manhán entramos na marina de Viveiro pra facer combustible e aprovisionarnos mellor. Pasaremos eiqui a noite (por 18 euros, claro). Nas seguintes entradillas ponho algunhas fotos, mais o menos ordeadas. Mais adiante podemos comentalas. Apertas!!
Nenhum comentário:
Postar um comentário