2009-05-18

Descripción do barco e equipamento

Namentres consumimos os días que fallan pra zarpar (ou eles a nós..) seguimos revisando o material e asegurándonos que nom queda nada ó chou.
Como aparece na apresentación, o barco ten 9,26 mts de eslora total por 3,10 de manga, despraza uns 3,800 kgs. en rosca, ainda que con varios tripulantes e ben armado supera as 4 tm. Foi construido e botado no 1991, de Barcelona pasou a Alicante de onde foi traido por estrada ás rias baixas no 92. Era propiedade dun executivo de Madrid que só navegaba uns 15 días o ano no vran e nom sempre. Adquirímolo no ano 2000 e navegamos muitas millas todo o ano, buscando mellorar as cualidades dun barco que, de certo, creo que é (navegando e no pantalán) do mellor da súa categoría, ainda hoxe (dispón de dous camarotes dobles coma outros máis grhandes, por exemplo). Ven equipado, como se mira nas fotos dabaixo, cun enrollador de mallor no pao, marca Z spars, que funciona moi ben, ainda que tardamos tempo en collerlle o xeito por culpa do cabo que vai dentro. En proa, un enrrollador Facnor, igual que os que monta o Ro 265, adaptado cun perfil máis. O motor (culpável de nom ter saido xa) é un Solé mini 26, de tres cilindros que funciona sen atrancos, salvo por unha vibración do inversor causado polo cono de embrague que ven de ser substituido. Aghora vai redondo. O depósito de gasoil ten 50 lts. e o de aghua doce 100, con bomba de presión (prefiriríamos un pedal) . Por certo a élice é plegável de dúas palas de Pons de Barcelona do ano 06. Aparello sloop a tope de pao; levamos dúas xénovas e dúas maiores; a nova cortada por Dracontender e cosida por nós este inverno, ten 30 cms máis de puxamen ca orixinal de Hood. Os xenovas son ó 125% e 130%, adaptadas ó enrrollador, feitas por North Sails e Gándara, respectivamente. Como axudas a navegación temos un gps plotter Garmin 276 c, un piloto automático Raymarine st 2000 plus e radio VHF de Apelco (Raytheon), nom temos radar, pero si reflector, como obriga o despacho de súa zona de navegación. Pra rematar esta esplicación, podedes ver nas "afotos" os lugares de estiba, baixo os asientos e no camarote de proa e tamén do tambucho da banheira. Ten dúas baterías Tudor de 60 amp, que poden funcionar conxuntamente ou por separado, ten instalado tamén un cargador con saida a terra.
Isto é o que lle oponhemos a unha das costas máis esixentes da península... E xa temos fixada a data de partida (se meteo acompanha) o venres ou o sábado últimos deste mes. Todo vai cheghando. Seguimos en contacto. Forza!!

2 comentários:

Unknown disse...

hola Fendelho.temos cañin novo?. de suso. susomogor@gmail.com

Anônimo disse...

OOOOOH!! Elsa, Saudaçoes!! Xa témolo canhín novo, si, obrigado por lembrarmo. Unha aperta forte ós dous!!